CAMPUS MULTIDEPORTE



O Campus estará aberto coma en edicións anteriores a tódolos rapaces e rapazas que estean interesados en pasar un bo rato aprendendo e mellorando as súas habilidades deportivas baixo a tutela dun cualificado grupo de profesionais da actividade física e do deporte.
Se tes entre 6 e 14 anos, gústache o deporte, as actividades ó aire libre e o contacto coa natureza, esta é a mellor alternativa para estas vacacións estivais. ¡Pasarémolo en grande!


¿QUÉ TEMOS PARA TI?


* Un grupo de traballo formado por Licenciados en Actividade Física e do Deporte, adestradores e monitores deportivos, que porán a máxima atención na túa aprendizaxe.
* Actividades lúdicas na piscina, baixo a supervisión dun socorrista acuático.
* Adestramentos de diferentes modalidades deportivas, nos que mellorarás a túa técnica e o coñecemento sobre o xogo.
* Xogos tradicionais e actividades innovadoras.
* Rutas de sendeirismo, para explotar ó máximo o contacto co entorno natural.



Moi pronto informaremos sobre as novas datas e ubicación do campus.



No hay comentarios:

Publicar un comentario